NATHACHA APPANAH
Nathacha Appanah naceu o 24 de maio de 1973 en Mahérbourg, illa Mauricio. Descende dunha familia india. Despois dos seus inicios literarios na súa illa natal, a fins do ano 1998 instalouse en Francia, primeiro en Grenoble e máis tarde en Lyon, onde rematou os seus estudos no eido do xornalismo e da edición. Actualmente vive en París e traballa para unha ONG. Ten publicadas catro novelas: Les Rochers de Poudre dOr (Gallimard 2003), premio do libro RFO 2003 e premio Rosine Perrier 2004; Blue Bay Palace (Gallimard 2004) gran premio literario do Océano Índico e do Pacífico; La Noce d Anna (Gallimard 2005), premio do público do Salón do Libro e Le dernier frère (2007) [O derradeiro irmán (Xerais 2009)], premio de novela FNAC 2007, premio dos lectores de LExpress 2008, Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil/Infantil traducido ao galego, 2009.
Ver ficha de NATHACHA APPANAH »